Halloween at School: Pumpkins, Games and Spooky Fun!


Our Amazing Pumpkin Exhibition!

Halloween chegou ao noso cole cargado de creatividade, xogos e moita diversión!

Un ano máis, celebramos o noso concurso de cabazas (Pumpkin Contest), no que as familias nos sorprenderon coas súas orixinais creacións.

Queremos dar un agradecemento moi especial a todas as familias pola súa participación, dedicación e esforzo. Grazas por compartir esta actividade cos vosos fillos e fillas e por encher o noso centro de cabazas tan creativas!

Congratulations, everyone! Todas as creacións merecen un grande aplauso pola imaxinación e o traballo realizado.

👻 Let’s Play! Halloween Games

E, por suposto, Halloween tamén foi unha oportunidade para aprender inglés xogando!

Durante a celebración, o alumnado participou en diferentes xogos e actividades de temática Halloween, poñendo en práctica vocabulario e expresións en inglés dun xeito lúdico e participativo.

A través do xogo, seguimos favorecendo a cooperación e o respecto das quendas.

Deixar unha resposta

Subir ↑