Bos días a tod@s. Xa tendes no blogue as actividades para este período de cuarentena. Tende paciencia porque a internet anda algo saturada estes días.
Intentei deseñar unhas fichas doadas e amenas para repasar contidos xa traballados na clase. Cando as teñades feitas, tedes que mas mandar a ser posible nos plazos marcados para revisalas. Deixarei algún comentario no blogue.E vós tamén podedes consultar todo o que queirades.
Non se trata de estar todo o día pegado ao ordenador. É fundamental marcar unhas rutinas e uns tempos para cada unha delas. Importantel deixar momentos para o xogo e o tempo de descanso. Non é cuestión de saturarse.
Os que teñan a sorte de ter unha terraza ou un xardín, aproveitádeo perotende en conta que outra maneira de moverse é axudar nas tarefas da casa: facer a cama; ordenar a habitación; poñer e recoller a mesa;colocar a roupa limpa nos armarios,….
Ademáis, podemos ler, escoitar música, pintar, xogar ás cartas ou xogos de mesa,facer algunha manualidade, falar cos nosos maiores que teñen moito que contarnos,..
En cada un dos enlaces atoparedes cada semana un planning coas actividades a desenvolver na casa. Espero que vos gusten e que vos faciliten o traballo. Estou aquí para o que necesitedes.
Recordade que o meu correo electrónico de contacto é: 18teachermaria@gmail.com
Coidádevos moito. Vémonos axiña!!!
I like playing Frisbee and skipping.
I don ‘ t like taking photos por doing exercises.
I like playing board games ;playing Frisbee and talkig to friends but Idon’tlike playing cards ,skipping and taking photos.
Great Brais!. Take over your spelling!