Nova plataforma educativa: Tiching


O cole xa rematou e os máis cativos pasan moito máis tempo na casa. Por iso gustaríame recomendarvos unha recopilación dos mellores contidos educativos para aprender xogando ao mesmo tempo que organizamos unha tarde diferente con eles.

Tiching é un sistema web orgánico que ten por obxectivos organizar e difundir todos os contidos dixitais educativos escolares que existen na rede e por en contacto a toda a comunidade educativa.

Paréceme  ademais un recurso excelente para o profesorado, tanto como un buscador de contidos dixitais , como dunha rede social pensada exclusivamente para a comunidade educativa. Para coñecer un pouco máis este novo portal educativo, ollade este video.

Que vos parece colorear debuxos? En Tiching atoparedes máis de 1.500 contidos para disfrutar dunha tranquila tarde pintando e coloreando.

Afinade a voz e probade as canciós en inglés! Podedes elexir entre máis de 15.000 actividades interactivas para practicar inglés á vez que mellorades as vosas dotes musicais.

Dade rienda solta á imaxinación coas fábulas para nenos. Sempre é bo momento para contar un conto.

Seguide prácticando inglés dunha forma divertida cos contos en inglés. A mellor maneira de viaxar a mundos fantásticos e continuar mellorando o voso inglés.

Agora só vos queda clicar na imaxe e rexistrarvos.

Disfrutade das vacacións!

7 opiniones sobre “Nova plataforma educativa: Tiching

Add yours

  1. Hola son Zaira o blog e moi chulo este verán vin un pouco del pero non puiden deixar unha menasaxe . Un abrazo de Zaira

      1. pero na casa non me aparece igual que no colexio. Na casa apareceme por apartados bikiños de Zaira

  2. Hola teacherxa ssei por que non se escoitaba no meu portatil por que non lle tiña un cable conectado. Besiños:)

Deixa unha resposta a eva Cancelar a resposta

Subir ↑