Here you have a new riddle. Can you guess it?

O blogue de inglés do CEIP Nosa Señora das Dores.
Daisy e Robin queren ser píncipes e viaxan a un mundo máxico onde coñecerán a un dragón. Que lles pasará esta vez ? Preme na imaxe para ver o vídeo.
Botádelle unha ollade a este vídeo para aprender os nomes da froita en inglés coa axuda dun mono moi divertido.
Esta semana toca facer o noso dragón. Déixovos unha ideas pero se tendes unha idea distinta mans a obra!!!
Daisy e Robin queren ser robots. Que lles pasará esta vez ? Preme na imaxe para ver o vídeo.
Fai moito que non movemos o esqueleto e xa temos as nosas conexións algo enferruxadas. Imos ver que podedes facer. Prohibido ficar sentado!!!!! Deixovos unha pulsera para por no pulso e así convertiros en pequenos robots. Premede aquí para descargala e usala mentras facedes a canción.
Que guai sería poder ter o noso propio robot. Queredes facer un que tamén se poida mover? O primeiro que tendes que facer e buscar a alguén que vos bote unha man. Xa tendes axudante? Agora buscade:
-Tesoiras
-Pegamento
-Ceras e rotuladores
-Cordel fino
-Unha palliña
-A ficha imprimible. Preme aquí para descargala
-Celo
Preparados? Seguide estes sinxelos pasos.
1- Decorade o voso robot e recortádeo con coidado.
2- Pegade con celo dous trociños da palliña por detrás do robot.
3- Cortade dous trozos de cordel fino de algo máis dun metro (1,22 cm) e pasade cada un por dentro dos trozos de palliña. Atade algo nas puntas do cordel para que non se vos escape das palliñas facendo tope.
4- Buscade algún sitio para colgar o robot como o pomo dunha porta.
Tirade dos cordeis hacia os lados para que o robot suba e baixe. Un truco…Según o ángulo no que peguedes as palliñas o robot tomará un camiño distinto. Mirade o resultado…
Let’s see this glinding robot going up and down!!!!!
Daisy e Robin queren ser exploradores e viaxan á selva na pescuda de animais exóticos. Que atoparán ? Preme na imaxe para ver o vídeo.
Queres xogar comigo?Hoxe temos unha serie de xogos online para aprender os nomes dalgúns animais exóticos. Premede nas imaxes para acceder aos distintos xogos.
Seredes quen de facer este móvil para decorar a vosa habitación. Podedes facerlle o deseño que vós queirades, pintalo cos dedos, pegarlle anaquiños de papel,…….. Premede AQUÍ para descargar o pdf co modelo do móvil.
A temática desta semana vai ser a FAMILIA. Imos aprender os nomes dos membros da familia cunha divertida historia. E coidado co reto semanal. A ver se conseguides superar o reto da semana dos monstruos.
Daisy e Robin queren ser paxaros e inician unha nova aventura. Que atoparán ? Preme na imaxe para ver o vídeo.
Queres xogar comigo?Hoxe temos unha serie de xogos online para aprender os nomes dos membros da familia coa axuda dunha familia de ratiños. Premede nas imaxes para acceder aos distintos xogos.
Seredes quen de facer nun cartón (caixa de cereais, galletas, plato de papel, caixa de ovos….) unha máscara de paxaro. Engadídelle papeis de cores, pegatinas, trozos de revistas,… para facer as plumas. Déivos dunhas ideas para inspiraros.
Premede AQUÍ por se queredes descargar un modelo de máscara.
Alguén se acorda do que facemos cando comenzamos a clase de inglés. Veñá…erguédevos da silla e movéde o voso corpo comigo.
Que tal a primeira proposta? Seguimos fortalecendo os nosos músculos con esta divertida canción. Prohibido ficar sentado!!!!!
Preparados para mover o corpo e cantar. Sónavos esta canción?
A temática desta semana van ser os monstruos: monstruos con ollos grandes; monstruos con orellas longas; monstruos con moitas bocas,……..
Daisy e Robin queren ser monstruos e inician unha nova aventura. Que atoparán ? Pincha na imaxe para ver o vídeo.
Queres xogar comigo? Érguete da silla e segue esta clase virtual. Seguro que o imos pasar moi ben. Ensaiade ben a canción para superar o reto da semana.
Seredes quen de facer nun cartón (caixa de cereais, galletas, plato de papel,….) unha careta monstruosa. Cantos ollos lle ides por? E de que cor? Déivos dúas ideas para confeccionalas.
Esta semana é unha das semanas máis especiais do ano escolar: o 23 de abril festexamos o Día do Libro e, aínda que non estamos no cole, vouvos propor unha serie de actividades relacionadas cos libros, coas historias, cos contos,… Partindo do conto de Miss Spring da semana pasada co que puidemos aprender palabras relacionadas con esta estación, deixovos estas tres propostas para que elixades a que máis vos guste…ou as tres se tendes tempo para facelas. Espero que vos gusten!!!!!
Que parte vos gustou máis do conto? Algún persoaxe en especial? Deixade libre a vosa creatividade, ese artista que levades dentro e facede a vosa propia ilustración do conto.
Deixovos unha plantilla para que fagades a vosa obra de arte. Clicade aquí para descargar o arquivo.
Que mellor que un bo conto para pasar este días na casa! Xa sabedes que temos que coidar os libros e, para iso, deixovos un marcapáxinas para que o decoredes como queirades. E se queredes podees facer o voso propio marcapáxinas con algún debuxo do conto de Miss Sping.
Deixovos unha plantilla para que fagades o marcapáxinas. Clicade aquí para descargar o arquivo.
Spring tale from María Abilleira Pomar on Vimeo.
Todas estas propostas son adapatacións de actividades da profe MIREN PARDO do blogue LA CLASE DE MIREN
PREME NESTE ENLACE PARA DESCARGAR A PLANTILLA.
Esta proposta é unha adapatación das actividades da profe MIREN PARDO do blogue LA CLASE DE MIREN
Comezamos unha nova semana con novas porpostas que esperamos sexan do voso agrado. Clicade na imaxe de abaixo para acceder á presentación onde poderedes atopar ás actividades . Non vos esquezades de seleccionar no menú o curso do voso neno ou nena.Ou senon segue a a explicación das actividades debaixo.
A primeira porposta de actividade é o conto das Tres Mellizas (The Baby Triplets)para traballar as cores en contexto. Clicade na imaxe de abaixo para acceder ao vídeo.
A segunda proposta son dous xogos online para practicar este vocabulario.Clicade sobre os debuxos para acceder aos xogos. Necesitades habilitar o Adobe Flash Player.
A terceira proposta consister en escoitar, cantar e aprender esta canción The Rainbow Colours.
Queredes unirvos a iniciativa #STAYHOME? Propóñovos realizar un debuxo coma o meu para encher o corcho da clase de inglés cos vosos debuxos o primeiro día que regresemos ao cole. Animádevos!!!!
Como estades rapazada? Como vos foi a semana? Antes de explicarvos que o que tendes que facer, un pequeno recordatorio: podesde realizar as actividades que teñades pendentes da semana pasada sen problema. Esta semana xa recibín algún vídeo e foto e xa vexo que non o estades a pasar mal de todo.
ESTADES PREPARADOS PARA SUPERAR O RETO?
Pincha na imaxe e accede a presentación. Alí atoparás un vídeo para que vexas como podes superar o reto.
The main aims of this new challenge in level 1 were:
To practise what they have learnt in context.
To involve all families in their children’s learning process .
To learn in a fun way.
On this occasion the challenge was purposed by the children after 1 week working with the “Question of the week”: What’s your favourite animal?
Each day, the lesson started as follows:
“If you want to come and join the class….Answer the Question of the week”
Desta volta, a idea do reto foi a proposta dos propios nenos. Os obxectivos que nos marcamos con esta nova proba foron:
Practicar o aprendido en contexto.
Implicar ás familias no proceso de aprendizaxe.
Gozar aprendendo.
Durante unha semana, para familiarizarnos coa pregunta da unidade, soamente podíamos acceder á aula respondendo a pregunta da semana: What’s your favourite animal?
Despois de explicarlles en que consistía a nova actividade, falamos sobre o que era unha entrevista, para que se facía(“para obter información”)e que necesitabamos para poder entrevistar a alguén(“preguntas”).
Pero antes de entrevistar aos nosos compañeiros, preparamos as nosas entrevistas e practicamos na clase. Finalmente, decidimos a quen iamos entrevistar na casa e preparamos a entrevista para levar. A verdade é que o resultado foi excelente!!!
Here you have anither challenge achived. Alicia did it. Congratulations!!
Today, the challenge is to create a Comic. Read and follow the instructions:
TAKE A LOOK AT THIS PRESENTATION…YOU CAN LEARN HOW TO SAVE YOUR COMIC AS PDF IN THE HARD DISK OF YOUR COMPUTER
PLAY COMIC GUIDE