NOVIDADES EDUCATIVAS DIXITAIS

Plataforma Educaplay


O comezo do curso está a volta da esquina e gustaríame presentarvos unha nova plataforma educativa para a creación de actividades educativas multimedia chamada EDUCAPLAY.

 Educaplay é un proxecto desenrolado por “adrformacion” para a creación de actividades interactivas que, pouco a pouco, estase a converir nun sitio de referencia tanto para crear como para buscar actividades de calquera materia para as nosas clases. En Educaplay elabóranse materiais de forma online e quedan na plataforma para compartirlos co resto do profesorado.

Educaplay non require de ningún sofware, únicamente de navegador e do plugin de flash.

Para poder comezar a crear actividades en Educaplay só é necesario rexistrarse. Unha vez dados de alta accedemos ao noso perfil cos datos de usuario e contraseña e xa podemos comezar a crear as nosas propias actividades. Podemos elaborar actividades en 9 idiomas: Español, Inglés, Francés, Portugués, Holandés, Galego, Catalán, Euskera e Italiano. Unha das ventaxas que nos brinda educaplay é a posibilidade de exportar as actividades como paquetes SCORM para integrarlas en plataformas ou aulas virtuais  e poder facer un seguimento das calificacións das actividades. Outra característica interesante é que estas actividades son auto correxibles, o cal é estupendo para que os alumnos realicen tarefas dende casa e, por suposto, son moi prácticas para o traballo coa PDI.

Educaplay conta con dez tipos de actividades interactivas: Mapa, Adiviña, Completar, Encrucillado, Diálogo, Ditado, Ordear letras, Ordear palabras, Relacionar, Sopa, Test e Colección. As actividades pódense  elaborar con enunciados de texto, imaxen e audio, o cal ofrece  un abanico interesante de posibilidades. Para saber un pouco máis sobre as actividades, clicade na imaxe e poderedes continuar lendo este artigo completo no blogue  educ@conTIC.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s