ACTUALIZAMOS A PÁXINA DAS ACTIVIDADES SEMANAIS. ATOPAREDES AS PROPOSTAS ORDENADAS DAS MÁIS RECENTES ÁS MÁIS ANTIGAS PARA FACILITAR O ACCESO.
LEDE CON ATENCIÓN AS INSTRUCCIÓNS DE CADA ACTIVIDADE E SEGUIDE A SECUENCIACIÓN DAS PROPOSTAS.
Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)
Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.
XA ESTAMOS NA DERRADEIRA SEMANA DE ACTIVIDADES!!!!!
ESTA SEMANA TEMOS UNHA PROPOSTA CREATIVA: DESEÑAR UN COMIC SOBRE A VOSA SEMANA PASADA. LEDE PRIMEIRO ESTO CON ATENCIÓN.
TENDES CLARO O QUE HAI QUE FACER?
PREMEDE NAS IMAXES PARA DESCARGAR E IMPRIMIR TANTO A PLANIFICACIÓN COMO A TIRA DE VIÑETAS PARA FACER O COMIC.

Cando teñades feita a planificación, enviádeme unha foto para revisala.

Seguimos traballando no caderno.
Esta semana imos a aprender novos verbos regulares, practicar a lectura e comprensión de textos en pasado e realizar un diálogo compartido cos rapaces de 5º .
POR FAVOR NON ME FAGADES TODAS SEGUIDAS. DEDICÁDELLES O TEMPO NECESARIO A CADA UNHA PARA PODER ENTENDER ODAS AS REGLAS DO PASADO EN INGLÉS.
Hoxe na páxina 31 imos aprender novos verbos e practicar o speaking cun diálogo. Escoitade e repetide as frases de DAN. Revidade o exercicio antes de mos mandar e, por favor, mirade o vídeo as veces que faga falta.
WORD QUEST 2
DIALOGUE
Hoxe na páxina 32 imos escoitar e ler unha entrada a un blog. Revidade os exercicios antes de mos mandar e, por favor, lede o texto as veces que faga falta.
Un consello:cando as teñades feitas volvede a ler a lectura para comprobar as vosas respostas.
Hoxe na páxina 33 imos revisar o pasado usando verbos regulares. Revidade os exercicios antes de mos mandar.
Practicade a parte do diálogo que vos toca e gravade un vídeo deixando entre frase e frase un tempo como se alguén vos estivera contestando.
Seguimos traballando no caderno.
Esta semana imos a revisar como facer frases afirmativas, frases negativas e preguntas usando o PASADO. Para iso tendes tres fichas cada unha delas cun vídeo titorial no que vos vou explicando como usar o pasado en inglés e cuns exercicios de reforzo.
POR FAVOR NON ME FAGADES TODAS SEGUIDAS. DEDICÁDELLES O TEMPO NECESARIO A CADA UNHA PARA PODER ENTENDER ODAS AS REGLAS DO PASADO EN INGLÉS.
Hoxe na páxina 27 imos revisar como se escriben frases afirmativas en inglés usando verbos regulares. Revidade os exercicios antes de mos mandar e, por favor, mirade o vídeo as veces que faga falta.
Hoxe na páxina 28 imos revisar como se escriben frases negativas en inglés usando verbos regulares. Revidade os exercicios antes de mos mandar e, por favor, mirade o vídeo as veces que faga falta.
Hoxe na páxina 29 imos revisar como se escriben preguntas en inglés usando verbos regulares. Revidade os exercicios antes de mos mandar e, por favor, mirade o vídeo as veces que faga falta.
Rematamos a semana cuns exercicios sobre a historia e Christian na páxina 30 . Lede outra vez a historia e revidade os exercicios antes de mos mandar.
COPIADE NA LIBRETA ESTE REMEMBER SOBRE O SIMPLE PAST
Seguimos traballando no caderno.
Esta semana iniciamos tema novo. Nesta ocasión imos a revisarcomo falar de feitos que sucederon no PASADO. Para iso imos comezar aprendendo e repasando algúns verbos que nos van servir para falar en pasado.
Este día toca aprender e repasar algúns verbos con este quizlet. Facede os distintos xogos que ten e, cando rematedes a proba, mandádeme o resultado. Copiade na libreta o novo vocabulario.
Na páxina 23 tendes unha serie de exercicios para reforzar e practicar o vocabulario novo.
WORD QUEST 1
Hoxe toca revisar o vocabulario cuns exercicios na páxina 24. Lede con calma os enunciados as veces que faga falta. Revisade ben antes de enviarmos!!!!
Rematamos a semana cunha interesante historia na páxina 25 . Escoitade e lede con calma a historia as veces que faga falta. Anotade as palabras que non coñecedes para buscar o seu significado. Cando xa teñades clara a historia tendes uns exercicios de comprensión na páxina 26.
Déixovos o audio da historia por se a queredes seguir no Class Book.
Copiade o novo vocabulario na libreta, practicade a pronunciación co WORD QUEST 1 e gravade un audio.
Seguimos traballando no caderno.
Esta semana imos facer unha revisión final do tema. Na páxina 20 do caderno tendes unha actividades de listening. Revisade antes de mandarma posto que desta volta so tendes unha oportunidade.
Na páxina 21 tendes unhas actividades de reading. Revisade antes de mandarma posto que desta volta so tendes unha oportunidade.
Na páxina 22 tendes unhas actividades de writing. Revisade antes de mandarma posto que desta volta so tendes unha oportunidade.
Seguimos traballando no caderno.
Hoxe imos facer unha revisión do que estivemos traballando estas semanas na páxina 17 do caderno. Escoita a historia The Young Picasso con atención seguindo a lectura no Classbook antes de facer a actividade. Recordade revisar a ficha antes de enviala.
Para hoxe temos unhas actividades de repaso na páxina 18. E algo que vos gusta moito: the Culture Quiz. Recordade revisar antes de enviar a ficha.
Rematamos a semana cunhas actividades de ampliación na páxina 19 . Se tendes dúbidas facédeas seguindo os REMEMBER que tendes anotados na libreta. Revisade as actividades de reforzo antes de mandalas.
Esta semana imos averiguar os hobbies das vosas familias para facer unha pequena redacción. Antes de escribila planificade toda a información antes de darlle forma seguindo este modelo.
Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)
Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.
Seguimos traballando no caderno.
Hoxe temos un novo programa de Quest TV sobre hobbies na páxina 13 do caderno. Escoita o vídeo con atención antes de facer a actividade. Recorda revisala antes de enviala.
Hoxe recibimos unha carta de Jim con información interesante sobre os seus hobbies que atopares na páxina 13 do caderno. Ademáis temos unhas actividades de repaso na páxina 14. Recordade revisar antes de enviar a ficha.
Rematamos a semana cunhas actividades de ampliación na páxina 11 . Revisade as actividades de reforzo antes de mandalas.
Escribide un pequeno diálogo seguindo o modelo da páxina 11 do caderno. Imos soltar a nosa creatividade.
Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)
Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.
Seguimos traballando no caderno.
Imos aprender un novo vocabulario. Para iso, primeiro ides xogar con este quizlet. Mandádeme o resultado da proba.
Na páxina 10 do caderno temos un novo texto. Escoitade o audio con calma e lede o texto varias veces antes de facer a actividade.
Seguimos co texto do día anterior. Escoitadeo e ledeo outra vez antes de facer os exercicios. Recordade revisalos antes de mandar a ficha da páxina 11.
Nesta páxina ademáis tendes o reto da semana. Seredes quen de gravar este trabalinguas?
Rematamos a semana cun exercicios na páxina12 para reforzar o que estivemos vendo estas semanas. Tende coidado ao escribir e revisade antes de enviar.
Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van marcadas segundo os días contrplados no calendario escolar nos que temos clase para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)
Mira e escoita con atención o vídeo titorial que fixen para aprender a falar dos gustos propios e doutras persoas. Isto non é novo posto que xa o traballamos o ano pasado pero,neste ano, imos empregar o novo vocabulario que traballamos a semana pasada. SE TENDES ALGUNHA DÚBIDA CONSULTÁDEMA ANTES DE FACER AS ACTIVIDADES DO CADERNO.
Cando xa teñades claro o que se explica no vídeo, facede as actividades das páxinas 5 e 6 do caderno. Recordade as vosas contraseñas.
É importante que antes de facer as actividades marcadas para este día, volvades mirar o vídeo titorial. COPIADE NA LIBRETA AS ESTRUCTURAS QUE TEMOS QUE EMPREGAR NESTE TEMA.
Este día ademáis tendes marcadas as páxinas 7 e 8 do caderno.
Na páxina 4 do caderno tendes o audio dun diálogo. ESCOITAO CON ATENCIÓN E REPITEO VARIAS VECES PARA FAMILIARIZARTE COA PRONUNCIACIÓN E ENTOACIÓN PARA GRAVAR UN AUDIO.
Ademáis tendes unha actividades de ampliación no caderno na páxina 9.
Comezamos unha nova semana con novas propostas que espero sexan do voso agrado. Clicade na imaxe de abaixo para acceder á presentación onde poderedes atopar ás actividades . Non vos esquezades de seleccionar no menú o curso do voso neno ou nena. Ou senon segue a explicación das actividades debaixo.
Imos a practicar o vocabulario da unidade 1 “Focus on Free Time”. Aquí tendes un xogo de fichas para repasar e pasalo ben. Cal é a puntuación da túa proba?Mándame un whastapp para sabelo. Copiade o novo vocabulario na libreta.
Debuxa e copia o vocabulario novo na libreta. Ten coidado coa presentación. Tamén é moi importante porque facilita o estudo despois.
A seguinte proposta de actividade é un caderno personal online onde atoparedes a historia da páxina 5 do Class Book e os exercicios das páxinas 5 e 6 do Activity Book. Cada un ten un usuario e contraseña para acceder ao caderno que podedes atopar no cadro de abaixo. Preferiblemente realizade as actividades de xeito online para facilitar o envío e a corrección. Non é para facelas todas de seguido. Cando rematedes cada ficha seleccionade TERMINADO e seguide noutro momento.
Clicade na imaxe para acceder ao caderno.
DÈIXOVOS O AUDIO DA HISTORIA PARA OS QUE O FACEDES NO ACTIVITY BOOK
O reto desta semana é un Spelling Bee. Non sabedes o que é iso?
Un « spelling bee» é un concurso no que os participantes deben deletrear unha serie de palabras de dificultade variable. Non se coñece a data exacta na que empezaron a celebrarse, pero atopáronse referencias a este tipo de concursos en documentos de 1808.
O máis popular é o Scripps National Spelling Bee, que se celebra anualmente en Estados Unidos. No participan estudantes menores de 15 anos de todo o país e parte do estranxeiro. A primeira edición tivo lugar en 1925. Desde entón foi crecendo en tamaño e popularidade. Desde 2006, as finais emítense en directo por televisión.
Practicade o spelling do vocabulario da unidade 1 e gravade un vídeo deletreando todas as palabras. Deixovos un audio dunha canción que coñecedes para revisar o ABC. Acordádevos dela???
Como estades rapazada? Como vos foi a semana? Antes de explicarvos que o que tendes que facer, un pequeno recordatorio: podedes realizar as actividades que teñades pendentes da semana pasada sen problema.
ESTADES PREPARADOS PARA SUPERAR O RETO?
Pincha na imaxe e accede a presentación. Alí atoparás un vídeo para que vexas como podes superar o reto.
Durante estes 15 días nos que temos que quedar na casa vos irei poñendo unha serie de actividades que teredes que realizar e enviar según vos vaia dicindo.
Deixovos unha plantilla para escribir a redacción. Clicade na imaxe e descargade o documento de word. Habilitade edición e xa podedes escribir .
Se queredes, podedes cubrir o voso email directamente nesta ficha. OLLO! As respostas son libres polo que non SERÁN AVALIADAS polo programa, senon por min cando me chegue.
Para esta semana ademáis da redacción que vos mandei, teredes que facer e enviar estas fichas: