Se estades buscando unha maneira diferente e amena de ensinar inglés en infantil e nos primeiros cursos de primaria, Wattsenglish ofrece múltiples recursos para que as clases de inglés sexan atractivas e divertidas e non se convirtan nunha experiencia traumática. Que chames a porta e lles saúdes cun “Hello! Time for English!”e se acerquen contentos porque hai clase de inglés é o mellor indicador de que imos a aproveitar o rato que imos a pasar xuntos. Neste senso o xogo é o pilar fundamental onde sustentar a súa aprendizaxe. O movemento, unha dose grande de maxia e unhas cantas risas fan o resto. Que sintan a necesidade de comunicarse en inglés e gañen en seguridade é o primeiro obxectivo a acadar nestas idades.
Neste lugar de internet podes atopar unha sección para os nenos, WOW ENGLISH, un canal de youtube con cancións e contos sinxelos con moitos xestos e imaxes para practicar o vocabulario e aquelas estructuras lingüísticas máis comúns a través da repetición.
Ademáis conta cunha sección para teachers, WATTS ENGLISH, con banco de actividades e xogos, así como recomendacións didácticas que aínda que parecen que non son moi innovadoras, aos rapaces lles encantan xa que o humor, as actividades de movemento de listening e speaking, a importancia que se lle da ás estructuras lingüísticas e non so ao vocabulario e o planteamento inicial de pasalo ben están presentes en tódolos recursos.
Tomando como referencia unha demostración de actividade que ofrece esta páxina, traballamos en 1º de Primaria e Infantil os adxectivos (big/small/old/new), as cores e a estructura It’s…. para describir xoguetes. Para iso, pedímoslle prestadas unhas pelotas ao profe de ximnasia que nos deron moito xogo.