Imos comenzar o curso revisando o que aprendemos o curso pasado pero sen exames, sen probas ou exercicios……Hai moitas e boas maneiras de practicar, recordar e aprender conceptos de forma entretenida. Hoxe imos xogar cunha ferramenta moi útil e motivadora chamada Kahoot. Neste caso ímola usar para repasar pero noutros casos serviranos para avaliar o noso progreso. Estades preparados….. Clicade no seguinte enlace e non esquezades de escribir o PIN que vos dea o voso mestre.
PROFES, para obter o PIN deste Kahoot clicade na imaxe , elexide PLAY e a forma CLASSIC,
Kahoot é unha ferramenta adaptable aos nosos contidos pois calquera persoa poder crear o seu propio xogo dun xeito moi intuitivo adaptando a temática da súa aula ou ben buscando entre os moitos Kahoots xa creados. Se vos atrevedes a crear o voso Kahoot, aquí vos deixo un vídeo tutorial moi bo do blogue “Una pizca de educación”.