A aprendizaxe dunha segunda lingua debe empezar dende a infancia e o uso de contos, cancións e rimas ten un papel fundamental nesta aprendizaxe. O uso de contos nestas idades favorece o desenrolo da súa imaxinación e das súas habilidades comunicativas; estimula a súa curiosidade;axúdaos a coñecer sonidos, palabras e a desenrolar a súas habilidades literarias; contribue a aprendizaxe de valores e a a estreitar lazos;favorecen a concentración…… E sobre todo, porque é a mellor maneira de aprender dun xeito ameno e motivador.
Por todo iso e máis, este curso escollín unha serie de contos que nos permitan, á vez que gozamos da lectura, crear unha atmosfera relaxada na aula que favoreza o reforzo e ampliación dos coñecementos da lingua inglesa e relacionar a área de inglés con otras áreas do currículo de infantil.
Os contos escollidos para este primer trimestre son os seguintes:
“Spot goes to school” by Eric Hill
“Go away, Big Green Monster” by Ed Emberley
“Brown Bear, Brown Bear. What do you see?” by Eric Carle
“Father Christmas needs a wee” by Nicholas Adam
Xa vos iremos contando a experiencia con cada un deles.