Como xa sabedes algúns, este curso os alumnos de 2º de primaria e os nenos de 5 anos están participando nun proxecto europeo titulado ABCs in Europe.Gracias a este proxecto, ademais de aprender o abecedario en inglés, imos confeccionar distintos abecedarios e intercambialos cos outros colexios participantes. Ademais temos outras actividades que van xurdindo a medida que imos traballando. Este mes cada colexio tivemos que preparar unha canción na nosa lingua e publicala para que os rapaces escoitasen outras linguas que se falan en Europa. Se queredes mirar esta actividade e coñecer algo máis deste proxecto, clicade na imaxe. Ademais vos deixo na columna da dereita o enlace ao blogue deste proxecto onde poderedes seguir o máis interesante do que estamos a facer.

Gústame esto:
Gústame Cargando...
Relacionado