Comezamos o curso coas pilas ben cargadas gracias á concesión do 1º Premio Internacional en Innovación Educativa (Mod. D) polo Proxecto Colaborativo Libro Virtual Federico García Lorca da Fundación Telefónica. Por iso os profes do cole tomamos a decisión de participar no novo libro virtual que lidera Lourdes Giraldo sobre a poeta dos rapaces Gloria Fuertes.
Entre os obxetivos que nos plantexamos están:
– Coñecer a Gloria Fuertes,a súa persoa, a súa obra e o seu legado.
– Cantar as súas cancións.
– Memorizar as súas poesías e recitarlas.
– Copiar, ilustrar, dixitalizar o aprendido.
– Interpretar e representar algunha poesía.
– Leer poesías cortas e recrear outras.
– Compartir o noso traballo coa comunidade educativa mediante as TIC e cos membros do Proxecto Colaborativo Libro Virtual Gloria Fuertes.
Este ano, dende a aula de inglés, e seguindo co noso proxecto “Reciting poetry”, imos traballar a poesía de Gloria Fuertes como punto de partida para reforzar o aprendido na clase. Xa que os alumnos de 5º están aprendendo a describir físicamente as persoas que mellor que este sinxelo poema titulado Doña Pitu Piturra para comezar a nosa andaina.
teacher o teu blog e mui guai
besos mirian
Moitas Gracias Mirian. Alédome moito.
hola teacher maria este blog e chulisimo
besos e abrazos ana
Moitas Gracias.Alédome moito de que o pases ben neste recunchiño.