O pasado día 12, Raúl Hidalgo, asesor na consellería de educación e encargado da sección experiencias 2.0 no espazoAbalar, púxose en contacto connosco despois de atopar o traballo que temos no libro virtual sobre García Lorca . E como lle pareceu unha experiencia interesante para difuncir nesa sección, pedíunos permiso para facer unha publicación. Coma non!!!!
25 docentes de diversos centros educativos participamos este curso no “Proxecto colaborativo Libro Virtual Federico García Lorca”
como actividade interactiva e colaborativa para acercar a figura de García Lorca aos escolares no 75º aniversario da súa morte (1936-2011).
Aquí tendes o artigo que publicaron na sección de experiencias 2.0 do espazoAbalar.
Clicade na imaxe para acceder á publicación.