A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria esta a organizar a Mostra do Ensino Galicia 2012, que terá lugar entre os días 11 e 14 de abril no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.
Coincidindo coa Mostra do Ensino Galicia 2012, terá lugar o congreso Formación e competencias na nova sociedade.
Entre outras, esta mostra ten como finalidade expoñer ao profesorado e á sociedade en xeral as posibilidades que pon a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en materia de idiomas, de TIC (Proxecto Abalar, emprendimiento, innovación educativa….), etc. Para iso no pavillón V.06, a mostra conta cunha aula Abalar onde diversos docentes co seu grupo de alumnos amosaremos a nosa práctica educativa neste eido.
Os nosos alumnos e alumnas de 6º de primaria acompañados/as da súa titora e Coordinadora Abalar e da mestra de Inglés , fomos convidados a participar en dita mostra hoxe para amosar o manexo adquirido nestes dous cursos coas ferramentas e programas instalados nos miniportátiles abalar e o encerado dixital, nunha aula disposta en dita mostra para tal fin.
Nesta primeira xornada, tivemos a oportunidade de demostrar o noso bo facer cunha sesión na que intentamos reflexar o traballo realizado na aula de inglés coa unidade“St. Patrick’s Day”.
Se queredes saber máis sobre as actividades Abalar realizadas por otros compañeiros, déixovos o enlace ao programa de actividades aula Abalar da mostra.
Máis información: Congreso
Máis información: Mostra