Level 5 reinforcement activities

 

ACTUALIZAMOS A PÁXINA DAS ACTIVIDADES SEMANAIS. ATOPAREDES AS PROPOSTAS ORDENADAS DAS MÁIS RECENTES ÁS MÁIS ANTIGAS PARA FACILITAR O ACCESO.

LEDE CON ATENCIÓN AS INSTRUCCIÓNS DE CADA ACTIVIDADE E SEGUIDE A SECUENCIACIÓN DAS PROPOSTAS.

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas   para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.

 

XA ESTAMOS NA DERRADEIRA SEMANA DE ACTIVIDADES!!!!!

ESTA SEMANA TEMOS UNHA PROPOSTA CREATIVA: DESEÑAR UN COMIC SOBRE A VOSA SEMANA PASADA. LEDE PRIMEIRO ESTO CON ATENCIÓN.

 

 

TENDES CLARO O QUE HAI QUE FACER?

PREMEDE NAS IMAXES PARA DESCARGAR E IMPRIMIR TANTO A PLANIFICACIÓN COMO A TIRA DE VIÑETAS PARA FACER O COMIC.

Planificación
Planificación

 

Cando teñades feita a planificación, enviádeme unha foto para revisala.

 

Tira viñetas
Tira viñeta

 

 

 

 

 

 

Seguimos traballando no caderno.

 

 

Esta semana  imos a aprender novos verbos regulares, practicar a lectura e comprensión de textos en pasado e realizar un diálogo compartido cos rapaces de 6º .

POR FAVOR NON ME FAGADES TODAS SEGUIDAS. DEDICÁDELLES O TEMPO NECESARIO A CADA UNHA PARA PODER ENTENDER ODAS AS REGLAS DO PASADO EN INGLÉS.

 

 

Hoxe na páxina 30 imos aprender novos verbos e practicar o speaking cun diálogo. Escoitade e repetide as frases do INTERVIEWER Revidade o exercicio antes de mos mandar e, por favor, mirade o vídeo as veces que faga falta.

WORD QUEST 2

DIALOGUE

 

 

Hoxe na páxina 31 imos escoitar e ler unha entrada a un blog. Revidade os exercicios antes de mos mandar e, por favor, lede o texto as veces que faga falta.

Un consello:cando as teñades feitas volvede a ler a lectura para comprobar as vosas respostas.

 

 

Hoxe na páxina 32 imos revisar o pasado usando verbos regulares. Revidade os exercicios antes de mos mandar.

 

 

 

Practicade a parte do diálogo que vos toca e gravade un vídeo deixando entre frase e frase un tempo como se alguén vos estivera contestando.

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

Seguimos traballando no caderno.

 

 

Esta semana  imos a aprender como facer frases afirmativas, frases negativas e preguntas usando o PASADO. Para iso tendes tres fichas cada unha delas cun vídeo titorial no que vos vou explicando como usar o pasado en inglés e cuns exercicios de reforzo.

POR FAVOR NON ME FAGADES TODAS SEGUIDAS. DEDICÁDELLES O TEMPO NECESARIO A CADA UNHA PARA PODER ENTENDER ODAS AS REGLAS DO PASADO EN INGLÉS.

 

 

Hoxe na páxina 26 imos revisar como se escriben frases afirmativas en inglés usando verbos regulares. Revidade os exercicios antes de mos mandar e, por favor, mirade o vídeo as veces que faga falta.

 

 

 

Hoxe na páxina 27 imos revisar como se escriben frases negativas en inglés usando verbos regulares. Revidade os exercicios antes de mos mandar e, por favor, mirade o vídeo as veces que faga falta.

 

 

 

Hoxe na páxina 28 imos revisar como se escriben preguntas en inglés usando verbos regulares. Revidade os exercicios antes de mos mandar e, por favor, mirade o vídeo as veces que faga falta.

 

 

Rematamos a semana cuns exercicios sobre a historia e Christian na páxina 29 . Lede outra vez a historia e revidade os exercicios antes de mos mandar.

 

 

COPIADE NA LIBRETA ESTE REMEMBER  SOBRE O SIMPLE PAST

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

Seguimos traballando no caderno.

 

Esta semana iniciamos  tema novo. Nesta ocasión imos aprender a falar de feitos que sucederon no PASADO. Para iso imos comezar aprendendo e repasando algúns verbos que nos van servir para falar en pasado.

 

 

Este día toca aprender e repasar algúns verbos  con este quizlet. Facede os distintos xogos que ten e, cando rematedes a proba, mandádeme o resultado. Copiade na libreta o novo vocabulario.

Na páxina 22 tendes unha serie de exercicios para reforzar e practicar o vocabulario novo.

WORD QUEST 1

 

 

Hoxe toca revisar o vocabulario cuns exercicios  na  páxina 23. Lede con calma os enunciados  as veces que faga falta. Revisade ben antes de enviarmos!!!!

 

 

 

Rematamos a semana cunha interesante historia na   páxina 24 . Escoitade e lede con calma  a historia as veces que faga falta. Anotade as palabras que non coñecedes para buscar o seu significado. Cando xa teñades clara a historia tendes uns exercicios de comprensión na páxina 25.

 

Déixovos o audio da historia por se a queredes seguir no Class Book.

 

 

Copiade o novo vocabulario na libreta, practicade a pronunciación co WORD QUEST 1 e  gravade un audio.

 

 

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

 

 

Seguimos traballando no caderno.

 

 

 

Esta semana imos facer unha revisión final do tema. Na páxina 19 do caderno tendes unha actividades de listening. Revisade antes de mandarma posto que desta volta so tendes unha oportunidade.

 

Na páxina 20 tendes unhas actividades de reading. Revisade antes de mandarma posto que desta volta so tendes unha oportunidade.

 

Na páxina 21 tendes unhas actividades de writing. Revisade antes de mandarma posto que desta volta so tendes unha oportunidade.

 

 

 

Esta semana ides describir o voso debuxo mariño. Para iso tendes que facer dúas cousas:

1º- Escribir na libreta unha descripción dicindo onde se atopan os animais (It’s the coast, a rainforest, a seaweed, …..) e falando dos animais que HAI ou que NON HAI no voso debuxo.

Mandádeme as descricións para que as revise.

2º- Gravar un vídeo amosando os vosos debuxos e falando sobre eles.

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

 

Seguimos traballando no caderno.

 

 

Hoxe imos facer unha revisión do que estivemos traballando estas semanas na páxina 16 do caderno. Escoita a historia Island Rescue con atención seguindo a lectura no Classbook antes de facer a actividade. Recordade revisar a ficha antes de enviala.

 

 

 

Para hoxe temos unhas actividades de repaso na páxina 17. E algo que vos gusta moito: the Culture Quiz. Recordade revisar antes de enviar a ficha.

 

 

 

Rematamos a semana cunhas actividades de ampliación na páxina 18 . Se tendes dúbidas facédeas seguindo os REMEMBER que tendes anotados na libreta. Revisade as actividades de reforzo antes de mandalas.

 

 

Esta semana imos facer un debuxo que nos vai servir para continuar co reto a vindeira semana. Debuxade nun folio unha paisaxe mariña (beach, coast, occean, coral reef….)

con diversos animais dos que aprendemos este tema (pode haber un ou varios de cada).

 

 

 

 

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas   para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.

 

Seguimos traballando no caderno.

 

Hoxe temos preparada unha excursión virtual a unha tenda de animais marinos na páxina 12 do caderno. Escoita o vídeo con atención antes de facer a actividade. Recorda revisala antes de enviala.

 

 

Algunha vez viaxástedes a Sydney? Hoxe  Barney enviounos unha carta con información interesante desta cidade australia na que atopares na  páxina 13 do caderno.  Ademáis temos unhas actividades de repaso na páxina 14. Recordade revisar antes de enviar a ficha.

 

Sydney VS Melbourne

 

Rematamos a semana cunhas actividades de ampliación na páxina 11 . Revisade as actividades de reforzo antes de mandalas.

 

 

Escribide un pequeno diálogo seguindo o modelo da páxina 11 do caderno. Imos soltar a nosa creatividade.

 

 

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas   para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.

Seguimos traballando no caderno.

 

 Imos aprender un novo vocabulario. Para iso, primeiro ides xogar con este quizlet. Mandádeme o resultado da proba.

Na páxina 9 do caderno temos un novo texto. Escoitade o audio con calma e lede o texto varias veces antes de facer a actividade.

 

 

Seguimos co texto do día anterior. Escoitadeo e ledeo outra vez antes de facer os exercicios. Recordade revisalos antes de mandar a ficha da páxina 10.

Nesta páxina ademáis tendes o reto da semana. Seredes quen de gravar este trabalinguas?

 

 

Rematamos a semana cun exercicios na páxina11 para reforzar o que estivemos vendo estas semanas. Tende coidado ao escribir e revisade antes de enviar.

 

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van marcadas segundo os días contemplados no calendario escolar nos que temos clase para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

 

 

 

 

 

No caderno online que fixen para esta estadía na casa atoparedes actividades de reforzo e ampliación, vídeos, audios e xogos online. Cada vez que fagades unha páxina recordade clicar o botón TERMINADO que hai ao fondo da páxina para que me cheguen os resultados. Unha vez correxidos, poderedes ver as miñas anotacións se volvedes abrilo.

 

Cada un tendes o voso propio caderno ao que podees acceder coas contraseñas que hai no seguinte cadro.

 

Para este día tendes unhas actividades para reforzar o vocabulario da unidade nas páxinas 1 e 2.

Mirade e escoitade con atención o vídeo titorial da páxina 5 que fixen para aprender describir lugares. Isto non é novo posto que xa o traballamos o ano pasado pero,neste ano,  imos  empregar o novo vocabulario que traballamos a semana pasada.

 

SE TENDES ALGUNHA DÚBIDA CONSULTÁDEMA ANTES DE FACER AS ACTIVIDADES DO CADERNO.

 

 

 

 

Este mércores tendes preparada poderedes escoitar e ler unha interesante historia para coñecer como perxudicamos o noso medio ambiente na páxina 3 do caderno. Escoitádeo con atención antes de facer as actividades da páxina 4.

Botádelle de novo unha ollada ao vídeo da páxina 5 para ir aprendendo a facer distintos tipos de frases para describir lugares.

 

 

 

 

 

Botádelle  unhaúltima  ollada ao vídeo da páxina 5 antes de facer as actividades de reforzo e ampliación das páxinas 6,7 e 8 do caderno.

COPIA OS “REMEMBER” DO VÍDEO NA LIBRETA PARA PODER ESTUDIAR.

 

Comezamos unha nova semana con novas propostas que espero sexan do voso agrado. Clicade na imaxe de abaixo para acceder á presentación onde poderedes atopar ás actividades . Non vos esquezades de seleccionar no menú o curso do voso neno ou nena.Ou senon segue  a explicación das actividades debaixo.

Ímoslle dar un último repaso á unidade 4. Para iso tendes dúas fichas, unha de listening e outra de writing.Revisade as vosas respostas antes de envialas.

Imos a practicar o vocabulario da unidade 5 “Ocean animals”. Aquí tendes un xogo de fichas para repasar e pasalo ben. Cal é a puntuación da túa proba?Mándame un whastapp para sabelo. Copiade o novo vocabulario na libreta.


 O reto desta semana é un Spelling Bee. Non sabedes o que é iso?
Un « spelling bee» é un concurso no que os participantes deben deletrear unha serie de palabras de dificultade variable. Non se coñece a data exacta na que empezaron a celebrarse, pero atopáronse referencias a este tipo de concursos en documentos de 1808.
O máis popular é o Scripps National Spelling Bee, que se celebra anualmente en Estados Unidos. No participan estudantes menores de 15 anos de todo o país e parte do estranxeiro. A primeira edición tivo lugar en 1925. Desde entón foi crecendo en tamaño e popularidade. Desde 2006, as finais emítense en directo por televisión.

Practicade o spelling do vocabulario da unidade 5 e gravade un vídeo deletreando todas as palabras. Deixovos un audio dunha canción que coñecedes para revisar o ABC. Acordádevos dela???

Ir a descargar

 

Como estades rapazada? Como vos foi a semana? Antes de explicarvos que o que tendes que facer, un pequeno recordatorio: podedes realizar as actividades que teñades pendentes da semana pasada sen problema.

ESTADES PREPARADOS PARA SUPERAR O RETO?

 

Pincha na imaxe e accede a presentación. Alí atoparás un vídeo para que vexas como podes superar o reto.