Level 4 reinforcement activities

 

ACTUALIZAMOS A PÁXINA DAS ACTIVIDADES SEMANAIS. ATOPAREDES AS PROPOSTAS ORDENADAS DAS MÁIS RECENTES ÁS MÁIS ANTIGAS PARA FACILITAR O ACCESO.

LEDE CON ATENCIÓN AS INSTRUCCIÓNS DE CADA ACTIVIDADE E SEGUIDE A SECUENCIACIÓN DAS PROPOSTAS.

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas   para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.

 

 

XA ESTAMOS NA DERRADEIRA SEMANA DE ACTIVIDADES!!!!!

ESTA SEMANA TEMOS UNHA PROPOSTA CREATIVA: DESEÑAR UN COMIC SOBRE A VOSAS RUTINAS DIARIAS. LEDE PRIMEIRO ESTO CON ATENCIÓN.

 

 

TENDES CLARO O QUE HAI QUE FACER?

PREMEDE NAS IMAXES PARA DESCARGAR E IMPRIMIR TANTO A PLANIFICACIÓN COMO A TIRA DE VIÑETAS PARA FACER O COMIC.

Planificación
Planificación

 

Cando teñades feita a planificación, enviádeme unha foto para revisala.

Viñetas para deseñar o comic
Viñetas comic

 

 

 

 

 

 

Seguimos traballando no caderno.

Esta semana  imos aprender algo moi curioso sobre o nosos planeta, as zonas horarias. Sabes que cando en España é de día, en México é de noite? E sabes que entre Madrid e México hai 7 horas de diferencia? Se te situas en Madrid e queres saber a hora doutros países tes que contar cara atrás se te moves cara a esquerda e contar cara adiante se te moves cara a dereita?

POR FAVOR NON ME FAGADES TODAS SEGUIDAS. DEDICÁDELLES O TEMPO NECESARIO A CADA UNHA PARA QUE VOS QUEDE CLARO O QUE ESTAMOS APRENDENDO

 

 

Comezamos a semana cun interesante vídeo que nos vai axudar a coñecer as distintas zonas horarias do nosos planeta na páxina 29. Escoitade ao vídeo as veces que faga falta, repetide o vocabulario novo para practicar a pronunciación e lede con calma as actividades e revisádeas nates de mandalas.

Un consello:cando as teñades feitas volvede a escoitar o vídeo para comprobar as vosas respostas.

Pero antes, escoitade este vídeo.

 

 

 

Na  páxina 30 tendes unha lectura moi interesante para seguir aprendendo máis cousas sobre os husos horarios e un exercicio para comprobar o que aprendíchedes.Facédeo con calma e revisádeo antes de mandar a ficha.

 

Un consello:cando as teñades feitas volvede a ler a lectura para comprobar as vosas respostas.

 

 

Rematamos a semana cuns exercicios de reforzo na   páxina 31 .Lede con calma os enunciados as veces que faga falta. Revisade antes de mandar a ficha.

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

 

Seguimos traballando no caderno.

 

 

Esta semana  imos aprende novas rutinas e como falar das rutinas dun rapaz ou dunha rapaza. Para iso tendes un vídeo titorial no que vos vou explicando como falar sobre as rutinas doutras persoas usando o presente.

POR FAVOR NON ME FAGADES TODAS SEGUIDAS. DEDICÁDELLES O TEMPO NECESARIO A CADA UNHA PARA PODER ENTENDER TODAS AS REGLAS DO PASADO EN INGLÉS.

 

 

Comezamos aprendendo algunhas rutinas máis e repasando as horas cunha divertida canción na páxina 25. Escoitade a canción as veces que faga falta, repetide o vocabulario novo para practicar a pronunciación e revisade o exercicio antes de me mandar a ficha.

 

Aquí tendes o audio para practicar a pronuncia das novas rutinas.

 

 

Hoxe imos a ver un vídeo onde vos explico como falar das rutinas doutra persoa na  páxina 26. Escoitade con calma as miñas explicacións e anotade na libreta o remember. Facede as actividades da páxina 27 con calma e revisádeas antes de mandar a ficha. Escoitade o trabalinguas e practicade porque vai ser o reto semanal.

 

 

 

SOUNDS ENGLISH 

 

 

 

Rematamos a semana cuns exercicios de reforzo na   páxina 28 .Lede con calma os enunciados as veces que faga falta. Revisade antes de mandar a ficha.

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

 

 

Seguimos traballando no caderno.

 

 

Este día toca escoitar unha pequena historia na páxina 21. Escoitade o vídeo as veces que faga falta antes de facer o exercicio. Antes de mandar a ficha, revisade as respostas.

 

 

 

 

Hoxe toca revisar o vocabulario e as preguntas que aprendemos a semana pasada  na  páxina 22. Lede con calma os enunciados  as veces que faga falta. Revisade ben antes de enviarmos!!!!

 

 

Rematamos a semana cuns exercicios de reforzo  páxina 23 .Lede con calma os enunciadosas veces que faga falta. Revisade antes de mandar a ficha.

 

 

Escoitade e lede a historia na páxina 24 un par de veces antes de gravar un audio e mandarmo. E importante que vos fixedes na pronunciación e na entoación das oracións interrogativas e exclamativas.

 

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

Esta semana ímonos dedicar a aprender a preguntar polas rutinas. Escoitade o vídeo que preparei todos os días antes de facer as actividades para refrescar o que imos aprendendo.  É moi doado así que ….Let’s go!

Seguimos traballando no caderno.

 

 Prestade atención a este vídeo que preparei e copiade na libreta o REMEMBER. Na páxina 18 do caderno tendes tamén o vídeo e o REMEMBER. Cando acabedes e xa o teñades claro facede a páxina 19. Revisade antes de mandarma.

 

 

Hoxe toca unhas actividades de reforzo na páxina 20 do caderno.

Revisade antes de mandarma.

 

Esta semana ides entrevistar a un compañeiro para coñecer as súas rutinas. Para iso tendes que facer tres cousas:

 

1º- Escribir na libreta preguntas para obter información . Recordade que a pregunta é:

WHAT TIME DO YOU….?

Mandádeme as preguntas para que as revise.

2º- Gravar un vídeo facendo as preguntas para que volas poidan responder. Entre pregunta e pregunta esperade un ratiño mirando a cámara para que o voso compañeiro as poida contestar.

3º- Gravar un vídeo respondendo ás preguntas deixando un ratiño entre resposta e resposta como se alguén vos estivera preguntando.

Non vos preocupedes. Eu fareivos chegar as preguntas do vosos compañeiro.

PARACE ALGO COMPLICADO PERO NON É TAN DIFICIL. EU XA IREI EXPLICANDO CADA PASO SEGUNDO VAIADES FACENDO AS ACTIVIDADES. MIRADE ESTE VÍDEO QUE FIXERON OS DE 6º PARA QUE VEXADES COMO PODE QUEDAR O RESULTADO FINAL.

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

 

Esta semana ímonos dedicar a aprender a dicir as horas en inglés e a practicalas ben antes de seguir avanzando no tema 5. Escoitade o vídeo que preparei todos os días antes de facer as actividades para refrescar o que imos aprendendo.  Dicir as horas en inglés e moi doado así que ….Let’s go!

Seguimos traballando no caderno.

 Hoxe imos aprender a dicir as horas. Escoitade o vídeo da páxina 12 con tranquilidadee anotade na libreta o REMEMBER  que vos deixei para estudar. Este vos vai axudar a  facer as actividades da páxina 13. Recordade revisalas antes de mandar a ficha.

 

 

 

 

Hoxe  tocar unhas actividades de repaso nas páxina 14 e 15 do caderno. A miña recomendación é que revisedes as horas co vídeo antes de facer as actividades e sempre co REMEMBER da libreta diante.  Recordade revisar antes de enviar a ficha.

Candidate, employee, job, person, rate, rating, review icon

 

 

 

 

 

 

Rematamos a semana con máis actividades de repaso das horas na  páxina 16 e cunhas para repasar as rutinas da páxina 17 . Revisade as actividades de reforzo antes de mandalas.

 

 

 

 

 

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas   para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.

 

Seguimos traballando no caderno.

 Hoxe imos pasar un día cunha familia para ver calse son os seus hobbies. Escoitade o audio e lede varias veces o texto da páxina 9  antes de facer as actividades. Recordade revisalas antes de mandar a ficha.

 

 

 

Hoxe  tocar unhas actividades de repaso na páxina 10 do caderno.  Recordade revisar antes de enviar a ficha.

Candidate, employee, job, person, rate, rating, review icon

 

 

 

 

 

 

Rematamos a semana cun vídeo titorial na páxina 11 para aprender o vocabulario das rutinas. Escoitade e repetide para practicar a pronunciación. Revisade as actividades de reforzo antes de mandalas. Cando fagades a proba do Quizlet enviádeme o resultado.

 

 

Non vos esquezades do reto semanal. Copiade e debuxade na libreta o novo vocabulario. Enviade un vídeo  contándome as vosas rutinas diarias.

 

 

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas   para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.

 

 

Seguimos traballando no caderno.

 Hoxe imos coñecer uns deportes algo peculiares. Escoitade o audio e lede varias veces o texto da páxina 6  antes de facer as actividades. Recordade revisalas antes de mandar a ficha.

Deixovos a ficha para imprimir. Clicade aquí para descargar.

 

 

Hoxe  tocar unhas actividades de ampliación para aprender algo máis sobre deportes na páxina 7 do caderno. Escoitade o audio con calma outra vez e lede as actividades varias veces. Recordade revisar antes de enviar a ficha.

Deixovos a ficha para imprimir. Clicade aquí para descargar.

 

 

Rematamos a semana cun exercicios na páxina 8 para reforzar o que estivemos vendo estas semanas. Tende coidado ao escribir e revisade antes de enviar.

Deixovos a ficha para imprimir. Clicade aquí para descargar.

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van marcadas segundo os días contemplados no calendario escolar nos que temos clase para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

 

 

 

 

 

No caderno online que fixen para esta estadía na casa atoparedes actividades de reforzo e ampliación, vídeos, audios e xogos online. Cada vez que fagades unha páxina recordade clicar o botón TERMINADO que hai ao fondo da páxina para que me cheguen os resultados. Unha vez correxidos, poderedes ver as miñas anotacións se volvedes abrilo.

 

Cada un tendes o voso propio caderno ao que podees acceder coas contraseñas que hai no seguinte cadro.

 

Para este día tendes na páxina 1 do caderno unha canción para aprender o novo vocabulario. COPIA E DEBUXA O VOCABULARIO NA LIBRETA.

Na páxina 2 tendes unhas actividades para reforzar o vocabulario novo.

 

 

 

 

 

Para esta unidade fixen un vídeo titorial que podedes atopar na páxina 3 do caderno para explicarvos como falar dos gustos doutras persoas. Mirádeo e escoitádeo con calma as veces que faga falta.

 

 

COPIADE NA LIBRETA O REMEMBER DO VÍDEO PARA PODER ESTUDIALO BEN.

Se xa o tendes claro, facede as actividades da páxina 4 do caderno.

 

 

 

 

 

Para este último día da semana, tendes  activiades de reforzo na páxina 5 do caderno. Se tendes algunha dúbida ollade antes outra vez o vídeo titorial.

Cando remates, mira a entrevista que fixeches e escribe na libreta que actividades lle gusta facer ao teu entrevistado.

 

QUEN É CAPAZ DE CANTAR A CANCIÓN THE FRISBEE FAN? SE TE ATREVES, GRAVA UN AUDIO PARA COMPARTILO COMIGO.

Comezamos unha nova semana con novas propostas que espero sexan do voso agrado. Clicade na imaxe de abaixo para acceder á presentación onde poderedes atopar ás actividades . Non vos esquezades de seleccionar no menú o curso do voso neno ou nena.Ou senon segue a a explicación das actividades debaixo.

 

 

 

O reto desta semana consiste en facer unha entrevista a alguén da túa familia. Para iso, vas ter que ser reporteiro e mestre á vez. Primeiro imos revisar(non vos riades moito que esto de ser youtuber non é o meu) cómo preguntar sobre gustos. Escoitade con atención as miñas explicacións.

 

Tendes claro como facer o guión da entrevista? Practicade antes de gravar a entrevista e axudade ao vosos entrevistado coas dúbidas que teña. Sede tamén curiosos na elaboración do guión. A presentación tamén é importante.

 

 

 

 Preparade ben a entrevista antes de gravala. Tende paciencia co vosos entrevistado e repetide as veces que faga falta. Se tendes algunha dúbida preguntádeme porfa.

Nesta ficha tendes o vídeo da historia At the youth club do Class Book. Ollade o vídeo ás veces que necesitedes e completades as actividades.

 

 

Como estades rapazada? Como vos foi a semana? Antes de explicarvos que o que tendes que facer, un pequeno recordatorio: podedes realizar as actividades que teñades pendentes da semana pasada sen problema.

ESTADES PREPARADOS PARA SUPERAR O RETO?

 

Pincha na imaxe e accede a presentación. Alí atoparás un vídeo para que vexas como podes superar o reto.