Level 3 reinforcement activities

ACTUALIZAMOS A PÁXINA DAS ACTIVIDADES SEMANAIS. ATOPAREDES AS PROPOSTAS ORDENADAS DAS MÁIS RECENTES ÁS MÁIS ANTIGAS PARA FACILITAR O ACCESO.

LEDE CON ATENCIÓN AS INSTRUCCIÓNS DE CADA ACTIVIDADE E SEGUIDE A SECUENCIACIÓN DAS PROPOSTAS.

 

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas   para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.

 

 

XA ESTAMOS NA DERRADEIRA SEMANA DE ACTIVIDADES!!!!!

 

ESTA SEMANA TEMOS UNHA PROPOSTA CREATIVA: GRAVAR UN VÍDEO FALANDO DO VOSO ANIMAL SALVAXE FAVORITO. LEDE PRIMEIRO ESTO CON ATENCIÓN.

TENDES CLARO O QUE HAI QUE FACER?

PREMEDE NA IMAXE PARA DESCARGAR E IMPRIMIR A PLANIFICACIÓN DO QUE VAS DICIR NO VÍDEO.

RECORDA TODO O QUE APRENDIMOS ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS.

PARTES DO CORPO:FEATHERS, CLAWS, TAIL, LEGS..

COLORES.

ADXECTIVOS:LONG, SHORT, BIG,…

VERBOS:CLIMB, FLY, RUN,…..

 

Resultado de imagen de claqueta de cine para imprimir (con ...

 

 

 

 

 

Seguimos traballando no caderno.

 

Esta semana  imos aprender algo máis sobre os animais. Sabes cales son as características dos mamíferos? Sabes que hai mamíferos que poden voar e que hai outros que viven no océano?

POR FAVOR NON ME FAGADES TODAS SEGUIDAS. DEDICÁDELLES O TEMPO NECESARIO A CADA UNHA PARA QUE VOS QUEDE CLARO O QUE ESTAMOS APRENDENDO

 

 

Comezamos a semana cun interesante vídeo que nos vai axudar a coñecer algo máis sobre os animais mamíferos na páxina 26. Escoitade ao vídeo as veces que faga falta, repetide o vocabulario novo para practicar a pronunciación e lede con calma as actividades e revisádeas nates de mandalas.

Un consello:cando as teñades feitas volvede a escoitar o vídeo para comprobar as vosas respostas.

 

Na  páxina 27 tendes unha lectura moi interesante para seguir aprendendo máis cousas sobre os mamíferos e un exercicio para comprobar o que aprendíchedes. Facédeo con calma e revisádeo antes de mandar a ficha.

 

Un consello:cando as teñades feitas volvede a ler a lectura para comprobar as vosas respostas.

 

 

Rematamos a semana cuns exercicios de reforzo na   páxina 28 .Lede con calma os enunciados as veces que faga falta. Revisade antes de mandar a ficha.

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

Seguimos traballando no caderno.

 

Esta semana  imos facer unha pequena revisión do que estivemos aprendendo estas semana pero ampliando o vocabulario das partes do corpo dos animais.

POR FAVOR NON ME FAGADES TODAS SEGUIDAS. DEDICÁDELLES O TEMPO NECESARIO A CADA UNHA PARA QUE VOS QUEDE CLARO O QUE ESTAMOS APRENDENDO

 

 

Comezamos aprendendo algunhas partes do corpo dos animais cunha divertida canción na páxina 23. Escoitade a canción as veces que faga falta, repetide o vocabulario novo para practicar a pronunciación e facede os xogos online comezando sempre polo nivel máis baixo.

 

 

Aquí tendes o audio para practicar a pronuncia do novo vocabulario.

 

Hoxe imos practicar o que aprendemos cuns exercicios na  páxina 24. Facédeos con calma e revisádeos antes de mandar a ficha. Escoitade o trabalinguas e practicade porque vai ser o reto semanal.

 

 

 

Rematamos a semana cuns exercicios de reforzo na   páxina 25 .Lede con calma os enunciados as veces que faga falta. Revisade antes de mandar a ficha.

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

 

 

 

Seguimos traballando no caderno.

 

 

Este día toca escoitar unha pequena historia na páxina 19. Escoitade o vídeo as veces que faga falta antes de facer o exercicio. Antes de mandar a ficha, revisade as respostas.

 

 

 

 

Hoxe toca revisar o vocabulario e as preguntas que aprendemos a semana pasada  na  páxina 20.

Lede con calma os enunciados  as veces que faga falta. Revisade ben antes de enviarmos!!!!

 

 

 

Rematamos a semana cuns exercicios de reforzo  páxina 21 .Lede con calma os enunciadosas veces que faga falta. Revisade antes de mandar a ficha.

 

 

 

Escoitade e lede a historia na páxina 22 un par de veces antes de gravar un audio e mandarmo. E importante que vos fixedes na pronunciación e na entoación das oracións interrogativas e exclamativas.

 

 

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta semana imos aprender a preguntar para obter información sobre o aspecto físico dos animais.

Seguimos traballando no caderno.

 

 

 

 

A semana pasada revisamos como describir a un animal. Algo que xa vimos o curso pasado. Toca avanzar un pouquiño máis. Esta semana imos aprender a facer preguntas para obter información sobre o aspecto físico dos animais. É algo moi doado. Prestade atención a este vídeo que preparei e copiade na libreta o REMEMBER. Na páxina 16 do caderno tendes tamén o vídeo e o REMEMBER. Cando acabedes e xa o teñades claro facede a páxina 17. Revisade antes de mandarma.

 

 

Hoxe toca unhas actividades de reforzo na páxina 18 do caderno.

Revisade antes de mandarma.

 

 

Esta semana ides intentar adiviñar cal é o meu animal da selva favorito. Para iso tendes que facer dúas cousas:

1º- Escribir na libreta preguntas para obter información que vos axude a adiviñalo. Recordade que a pregunta é:

HAS IT GOT….?

Mandádeme as preguntas para que as revise.

2º- Gravar un vídeo facéndome as preguntas para que volas poida responder. Entre pregunta e pregunta esperade un ratiño mirando a cámara para que eu poida contestalas.

A VER QUE É O PRIMEIRO EN ADIVIÑALO!!!!!!!

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

Esta semana imos revisar algunha cousiña que aprendimos o curso pasado antes de seguir avanzando no tema 5. Imos recordar as partes do corpo e da cara así como a descripción de animais.

Seguimos traballando no caderno.

 

 

 

 

 Para este día temos nas páxina 10 e 11 do caderno unhas actividades para repasar o vocabulario do corpo e un vídeo titorial para revisar as partes da cara. Xogas comigo? Lede con atención os exercicios e revidade antes de enviar as fichas.

Copiade na libreta o vocabulario que revisamos nas fichas.

 

 

 

Para este día temos na páxina  12 unha clase virtual para aprender a describir animais. Xogades comigo?

E para rematar o día uns exercicios moi sinxelos na páxina 13.

Copiade na libreta o REMEMBER da páxina 12.

 

 

Hoxe toca  mover o esqueleto con esta divertida canción da páxina 15 e unhas actividades de repaso na páxina 14. Revisa as actividades antes de envialas.

 

 

 

 

 

 

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas   para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.

 

Seguimos traballando no caderno.

 

 

 Para este día temos organizada unha pequena pola selva. Apetécevos? Escoitade o vídeo da páxina 8 e xogade comigo varias veces antes de facer a actividade e recordade revisala antes de mandar a ficha.

 

 

 

 

Hoxe  tocar unhas actividades de revisión na páxina 9 do caderno. Escoitade os audios con calma e lede as actividades varias veces. Recordade revisar antes de enviar a ficha. Tende ademáis un quizlet para practicar o vocabulario. Cando fagades a proba enviádeme o resultado.

 

Rematamos a semana cun novo reto. Debuxade e copiade o novo vocabulario na libreta. Practicade a pronunciación e mandádeme un vídeo co voso debuxo para excoitar o ben que pronunciades as palabras do vídeo.

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas   para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.

 

Seguimos traballando no caderno.

 

 Para este día temos organizada unha pequena excursión virtual. Apetécevos visitar un castelo? Escoitade o vídeo da páxina 5 varias veces antes de facer as actividades e recordade revisalas antes de mandar a ficha.

 

 

Hoxe  tocar unhas actividades de revisión na páxina 6 do caderno. Escoitade os audios con calma e lede as actividades varias veces. Recordade revisar antes de enviar a ficha.

 

 

Rematamos a semana cun exercicios na páxina 7 para reforzar o que estivemos vendo estas semanas. Tende coidado ao escribir e revisade antes de enviar.

 

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van marcadas segundo os días contemplados no calendario escolar nos que temos clase para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

Esta semana imos traballar nun caderno que fixen para pode traballar na casa co Classbook e co ActivityBook e así, poder acceder aos seus recursos. Para este caderno  usade as  contraseñas que vos in xa para ooutro caderno.
Para este luns ides ter que facer a páxina 1 do caderno. Nela atoparedes actividades de “listening” e de “reading” así como algún xogo online de reforzo.
Seguimos traballando no caderno. Para hoxe tendes na páxina 2 actividades de “reading” e “writing”. Fixádevos ben antes de rematalas.
Hoxe imos coñecer distintos tipos de vivendas e as súas características. Na páxina 3 tendes un interesante vídeo e unha lectura sobre este tema. Escoitade con atención e lede o texto varias veces antes de facer a actividade desa páxina e as da páxina 4.

Comezamos unha nova semana con novas propostas que esperamos sexan do voso agrado. Clicade na imaxe de abaixo para acceder á presentación onde poderedes atopar ás actividades . Non vos esquezades de seleccionar no menú o curso do voso neno ou nena.Ou senon segue a explicación das actividades debaixo.

 

 

Imos seguir traballando algo máis. Nesta ficha tes unha historia do Class Book. Escoitaa con atención e fai as actividades.

 

Agora escoita a canción do Class Book e fai as actividades.Intenta cantar a canción varias veces para aprendela.

 

A terceira actividade consiste nun reto. Hai alguén da túa familia que poda cantar contigo a canción? Grava un vídeo e mándamo por whastapp. Seguro que vai quedar xenial!!!
Aquí tendes o audio para escoitala as veces que o necesitedes

 

 

Imos a repasar o vocabulario da canción. Aquí tendes un xogo de fichas para repasar e pasalo ben. Cal é a puntuación da túa proba?Mándame un whastapp para sabelo.

 

Como estades rapazada? Como vos foi a semana? Antes de explicarvos que o que tendes que facer, un pequeno recordatorio: podedes realizar as actividades que teñades pendentes da semana pasada sen problema.

ESTADES PREPARADOS PARA SUPERAR O RETO?

 

Pincha na imaxe e accede a presentación. Alí atoparás un vídeo para que vexas como podes superar o reto.

 

 

Actividade para practicar o vocabulario da unidade 4. Clicade na imaxe para acceder á actividade. Conta con actividades de comprensión oral (listening), comprensión escrita (reading) e expresión escrita( writing). Se polo motivo que sexa algunha das actividades non fora ben, non vos preocupedes…seguide coa seguinte. Para calquera aclaración ou dúbida, deixade un comentario.

Queredes repasar as rutinas diarias e outras cousas que vimos na calse. Non podemos completar os nosos calendarios pero si podemos repasar os números, os días da semana e as cores con este cuaderno. Non tendes que facelo todo de golpe…dosificade as forzas. Garda os cambios para seguir noutro momento.

 

 

Para acceder ao recurso, tendes que por o voso usuario e contraseña. Mirade no seguinte cadro:

Para acceder ao recurso, tendes que por o voso usuario e contraseña. Mirade no seguinte cadro:

 

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: