Level 2 reinforcement activities

ACTUALIZAMOS A PÁXINA DAS ACTIVIDADES SEMANAIS.

 ATOPAREDES AS PROPOSTAS ORDENADAS DAS MÁIS RECENTES ÁS MÁIS ANTIGAS PARA FACILITAR O ACCESO.

LEDE CON ATENCIÓN AS INSTRUCCIÓNS DE CADA ACTIVIDADE E SEGUIDE A SECUENCIACIÓN DAS PROPOSTAS.

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas   para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.

 

XA ESTAMOS NA DERRADEIRA SEMANA DE ACTIVIDADES!!!!!

ESTA SEMANA TEMOS UNHA PROPOSTA CREATIVA: GRAVAR UN VÍDEO FALANDO DA ROUPA QUE LEVADE POSTA. LEDE PRIMEIRO ESTO CON ATENCIÓN.

TENDES CLARO O QUE HAI QUE FACER?

PREMEDE NA IMAXE PARA DESCARGAR E IMPRIMIR A PLANIFICACIÓN DO QUE VAS DICIR NO VÍDEO. RECORDA TODO O QUE APRENDIMOS ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS.

 

Resultado de imagen de claqueta de cine para imprimir (con ...

 

 

Seguimos traballando no caderno.

Esta semana  imos aprender a falar da roupa que levamos posta empregando o vocabulario que estivemos traballando a semana semana . Para iso, tendes unha nova clase virtual para xogar comigo as veces que queirades.

POR FAVOR NON ME FAGADES TODAS SEGUIDAS. DEDICÁDELLES O TEMPO NECESARIO A CADA UNHA PARA QUE VOS QUEDE CLARO O QUE ESTAMOS APRENDENDO

 

 

Preparados para unha nova clase? Na páxina 21 tendes un vídeo para que o vexades as veces que faga falta. Repetide o mini diálogo para practicar a pronunciación e copiade na libreta o REMEMBER que tendes nesta páxina.

 

 

 

Hoxe imos practicar o que aprendemos cuns exercicios na  páxina 22. Facédeos con calma e revisádeos antes de mandar a ficha.

 

 

 

Rematamos cunha pequena historia e uns exercicios de reforzo na  páxina 23 .Lede con calma os enunciados as veces que faga falta. Revisade antes de mandar a ficha.

 

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

 

Seguimos traballando no caderno.

Esta semana  imos practicar a lectura e escritura do vocabulario que estivemos aprendendo a semana semana . Para iso, tendes unha nova clase virtual para xogar comigo as veces que queirades.

POR FAVOR NON ME FAGADES TODAS SEGUIDAS. DEDICÁDELLES O TEMPO NECESARIO A CADA UNHA PARA QUE VOS QUEDE CLARO O QUE ESTAMOS APRENDENDO

 

 

Preparados para unha nova clase? Na páxina 18 tendes un vídeo para que o vexades as veces que faga falta. Lede con atención o exercicio e revidade antes de mandar a ficha.

 

 

 

Hoxe imos practicar o que aprendemos cuns exercicios na  páxina 19. Facédeos con calma e revisádeos antes de mandar a ficha.

 

 

Rematamos a semana cuns exercicios de reforzo na   páxina 20 .Lede con calma os enunciados as veces que faga falta. Revisade antes de mandar a ficha.

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

 

 

Esta semana iniciamos un novo tema no que imos aprender nomes da roupa e a dicir o que levamos posto.  Espero que as actividades que preparei sexan do voso agrado e que o pasemos moi ben ao longo das vindeiras semanas. Preparado? Here we go!!!!!

 

Seguimos traballando no caderno.

 

Este día imos aprender o falar da roupa comezando co novo vocabulario. Para aprendelo imos imaxinar que estamos na clase. Para iso tendes un vídeo titorial de presentación do vocabulario na páxina 15 do caderno cos xogos orais que facemos sempre que comezamos unha unidade nova. Ademaís tendes un CHANT para practicar o novo vocabulario e aprender a pronuncialo ben.

ESCOITADE , REPETIDE O VOCABULARIO E XOGADE COMIGO.

 

 

 

SAY THE CHANT!!!

 

 

 

 

Hoxe toca revisar o vocabulario co que xogamos o primeiro día na  páxina 16.

Lede con calma os enunciados e escoitade os audio dos exercicio as veces que faga falta. Revisade ben antes de enviarmos!!!!

 

 

 

 

Rematamos a semana cunha historia na   páxina 17 .Lede con calma os enunciados e escoitade o vídeo as veces que faga falta. Revisade antes de mandar a ficha.

 

 

 

Copiade  e debuxade o vocabulario novo na libreta. Gravade un vídeo ensinando o e nomeando as palabras novas

 

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

 Esta semana non imos traballar no caderno online.

TOCA RETO FINAL!!!!!

 

Cada un de vós ten que escribir na libreta unha descripción do dinosaurio que fixéchedes a semana pasada. Na descripción tendes que:

Presentalo

Falar das súas características:cor, tamaño,..

Falar das súas habilidades

Falar do seu corpo

Cando o teñades rematado. mandádeme unha foto para ver que tal vos saíu. Cando xa esté revisada gravade  un pequeno vídeo para presentarnos a mín e ao resto dos compañeiros ao voso dinosaurio.

Se non vos acordades de como falar das súas habilidades ou das súas características, ollade este vídeo que fixen para axudarvos.

THIS IS MY DINOSAUR

 

 

 

 

 

 

accommodation Archives - Page 2 of 15 - Inside Edge

 

 

 

 

 

 

 

 

Seguimos traballando no caderno.

 

 

 

 Para este día temos na páxina 12 unha historia titulada “Where’s my baby?  para revisar as partes do corpo e as descripcións. Estade moi atentos para poder facer o exercicio. Mirade o vídeo as veces que faga falta e revidade o exercicio antes de enviar a ficha.

 

 

Hoxe toca  mover o esqueleto con esta divertida canción da páxina 13. Revisa as actividades antes de envialas.

 

 

 

 

Rematamos a semana cuns sinxelos exercicios e tres xogos online na páxina 14. Revisade ben antes de enviarmos!!!!

 

 

 

Estades preparados para o reto? Que tal se vos dan as manualidades? Escollede un dos dous dinosaurios e mandádeme unha foto do resultado. So necesitades un folio de papel(se non tendes de cor pode ser blanco e sí o coloreades como queirades), pegamento e tesoiras.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas   para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.

Seguimos traballando no caderno.

 

 

 

 Para este día temos na páxina 9 un vídeo titorial para revisar as partes da cara. Xogas comigo?

 

 

 

Hoxe toca unha pouca de práctica na páxina 10. Revisa as actividades antes de envialas.

 

 

Rematamos a semana cun sinxelo exercicio na páxina 11. Revisade ben antes de enviarmos!!!!

 

 

Non vos esquezades do reto semanal. Mandade un vídeo cantando a canción Ears, arms, nose and mouth !

 

 

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas   para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.

 

Seguimos traballando no caderno.

 

 

 Para este día temos na páxina  5 unha clase virtual para aprender a describir animais. Xogades comigo?

E para rematar o día uns exercicios moi sinxelos na páxina 6.

 

 

Hoxe toca o vídeo dunha historia. Escoitade atentamente o vídeo antes de facer o exercicio da páxina 7. E recordade revisar antes de mandar a ficha.

 

 

Rematamos a semana cun novo reto.

Na páxina 8 tendes de novo a historia. Tendes que escoitala e lela varias veces antes de gravar un audio para escoitar o ben que a ledes. Seredes capaces? Seguro que sí!!!!

 

 

Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van marcadas segundo os días contemplados no calendario escolar nos que temos clase para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)

 

 

Esta semana imos traballar nun caderno que fixen para pode traballar na casa co Classbook e co ActivityBook e así, poder acceder aos seus recursos. Para este caderno  usade as  contraseñas que vos din xa para o caderno anterior.

 

 

 


 

 

 

Este mércores imos seguir falando dos animais e, hoxe mércores comezamos cun vocabulario novo: AS PARTES DO CORPO. Para aprendelo imos imaxinar que estamos na clase. Para iso tendes un vídeo titorial de presentación do vocabulario na páxina 1 do caderno cos xogos orais que facemos sempre que comezamos unha unidade nova.

ESCOITADE , REPETIDE O VOCABULARIO E XOGADE COMIGO.

READY?

QUE TAL VOS FOI? Se xa tendes claro o novo vocabulario, hoxe toca facer a páxina 2 do caderno.

 

 

 

 

 

Hoxe toca revisar o vocabulario novo e practicar a  lectura. Para iso volvemos a clase con outro vídeo titorial na páxina 3 do caderno. XOGADES COMIGO?

READY?

 

QUE TAL VOS FOI? Se xa tendes claro como ler o novo vocabulario, hoxe toca facer a páxina 4 do caderno.

 

Para acabar…O RETO SEMANAL

Debuxade nas vosas libretas o dinosaurio da ficha online co novo vocabulario e gravade un pequeno vídeo amosandome o voso debuxo e lendo as distintas partes do corpo.

SEGURO QUE VOS SAE XENIAL!!!!

 

 

Comezamos unha nova semana con novas propostas que esperamos sexan do voso agrado. Clicade na imaxe de abaixo para acceder á presentación onde poderedes atopar ás actividades . Non vos esquezades de seleccionar no menú o curso do voso neno ou nena.Ou senon segue  a explicación das actividades debaixo.

 

A primeira proposta de actividade é un caderno personal online de actividades de repaso de vocabulario traballado na aula ata o de agora:números, cores, días da semana, o tempo metereolóxico. Clicade no debuxo do caderno que tenes debaixo para acceder a el. Cada un ten un usuario e contraseña para acceder ao caderno.

Mira neste cadro o teu usuario e contrasinal.

 

A segunda actividade consiste nun reto. Hai alguén da túa familia que poda cantar contigo a canción? Grava un vídeo e mándamo por whastapp. Seguro que vai quedar xenial!!!

 

Queredes unirvos a iniciativa #STAYHOME? Propóñovos realizar un debuxo coma o meu para encher o corcho da clase de inglés cos vosos debuxos o primeiro día que regresemos ao cole. Animádevos!!!!

 

 

 

 

Como estades rapazada? Como vos foi a semana? Antes de explicarvos que o que tendes que face, un pequeno recordatorio: podedes realizar as actividades que teñades pendentes da semana pasada sen problema.

ESTADES PREPARADOS PARA SUPERAR O RETO?

 

Pincha na imaxe e accede a presentación. Alí atoparás un vídeo para que vexas como podes superar o reto.

 

 

Para esta primeira semana os nenos e nenas de 2º teñen  tres fichas interactivas para repasar a unidade 4. Todas elas son autoavaliables (poden comprobar as  respostas) e volver a facelas as veces que queiran. O que si vos pediría é que mas enviarades para ter eu constancia de que foron feitas e para ver que tal lle sairon.

Antes de empezar a facelas, deixovos unhas imaxes para que vexades como enviarmas. Espero que lles gusten e, como xa dixen, se tendes algunha dúbida, deixade un comentario.

Unha vez cubertas as fichas, clicade en TERMINADO.

Aparecerá unha pantalla na que, antes de COMPROBAR AS RESPOSTAS, teredes que ENVIAR a ficha(se o facedes ao revés non poderedes enviala)

Seguidamente, aparecerá outra pantalla na que deberedes cubrir os campos como vos indico na seguinte imaxe(nome do neno/a, curso, nome ficha e correo que xa aparece na imaxe: 18teachermaria@gmail.com)

Unha vez enviada  poderedes comprobar as respostas clicando CERRAR

 

 

 

 

 

Subir ↑