ACTUALIZAMOS A PÁXINA DAS ACTIVIDADES SEMANAIS.
ATOPAREDES AS PROPOSTAS ORDENADAS DAS MÁIS RECENTES ÁS MÁIS ANTIGAS PARA FACILITAR O ACCESO.
LEDE CON ATENCIÓN AS INSTRUCCIÓNS DE CADA ACTIVIDADE E SEGUIDE A SECUENCIACIÓN DAS PROPOSTAS.
Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)
Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.
XA ESTAMOS NA DERRADEIRA SEMANA DE ACTIVIDADES!!!!!
ESTA SEMANA TEMOS UNHA PROPOSTA CREATIVA: GRAVAR UN VÍDEO FALANDO DOS VOSOS GUSTOS. LEDE PRIMEIRO ESTO CON ATENCIÓN.
TENDES CLARO O QUE HAI QUE FACER?
PREMEDE NA IMAXE PARA DESCARGAR E IMPRIMIR A PLANIFICACIÓN DO QUE VAS DICIR NO VÍDEO. RECORDA TODO O QUE APRENDIMOS ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS.
Esta semana imos adicarlla a un dos meus contos favoritos “The Very Hungry Caterpillar” de Eric Carle. Gracias a esta oruga glotona imos aprender algo máis sobre comidas e como expresar os nosos gustos, así como repasar os días da semana.
Para elo, tendes a historia contada polo propio autor do libro así como un Lim, un libro de actividades para traballar a historia. Neste libro atoparedes dous bloques de actividades:
-Un 1º bloque para escoitar a historia de novo.
-Un 2º bloque de actividades formado por 4 propostas:
a) Ampliar o vocabulario da fruta en inglés.
b) Revisar os días da semana.
c) Ampliar o vocabulario da comida.
d) As fases do ciclo da vida das bolboretas.
Por último, propoño como reto semanal unha manualidade caseira con material de refugallo relacionada coa historia desta oruga.
Imos alá!!!!!
“THE VERY HUNGRY CATERPILLAR” BY ERIC CARLE
“THE VERY HUNGRY CATERPILLAR” LIM
Isto é o que imos traballar esta semana.
“THE VERY HUNGRY CATERPILLAR” ARTCRAFT
Material needed/ Material necesario
Empty egg cartons (each kid needs a row)/Cartóns de ovos baleiros (cada rapaz necesita unha fila)
Green and red paint/Pintura verde e vermella
Paintbrushes/Pinceis
Coloured pipe cleaners/Limpiadores de pipas de cores (ou calquer material que teñades a man como palitos)
Wiggle eyes/Ollos móbiles (ou pintados nun folio)
And don’t forget wipes and towel papers.
E non esquezades toalliñas húmidas e papel.
Aquí tendes unha imaxe de como poden quedar
Se queredes aprender algo máis sobre o ciclo da vida dunha bolboreta, aquí tendes unha serie de vídeos para aprender como se converte unha oruga en bolboreta.
Seguimos traballando no caderno.
Esta semana imos aprender a falar das cousas que nos gustan e das que non nos gustan . Para iso, tendes unha nova clase virtual para xogar comigo as veces que queirades.
POR FAVOR NON ME FAGADES TODAS SEGUIDAS. DEDICÁDELLES O TEMPO NECESARIO A CADA UNHA PARA QUE VOS QUEDE CLARO O QUE ESTAMOS APRENDENDO
Preparados para unha nova clase? Na páxina 15 tendes un vídeo para que o vexades as veces que faga falta. Escoitade con atención o exercicio e revidade antes de mandar a ficha. Copiade na libreta o REMEMBER que hai na páxina.
Hoxe imos practicar o que aprendemos cuns exercicios na páxina 16. Facédeos con calma e revisádeos antes de mandar a ficha.
Rematamos a semana cunha historia e cuns exercicios de reforzo na páxina 17 .Lede con calma os enunciados as veces que faga falta. Revisade antes de mandar a ficha.
Esta semana iniciamos un novo tema no que imos aprender nomes de alimentos e a expresar os nosos gustos. Espero que as actividades que preparei sexan do voso agrado e que o pasemos moi ben ao longo das vindeiras semanas. Preparado? Here we go!!!!!
Seguimos traballando no caderno.
Este día imos aprender o falar dos alimentos comezando co novo vocabulario. Para aprendelo imos imaxinar que estamos na clase. Para iso tendes un vídeo titorial de presentación do vocabulario na páxina 12 do caderno cos xogos orais que facemos sempre que comezamos unha unidade nova. Ademaís tendes un CHANT para practicar o novo vocabulario e aprender a pronuncialo ben.
ESCOITADE , REPETIDE O VOCABULARIO E XOGADE COMIGO.
SAY THE CHANT!!!
Hoxe toca revisar o vocabulario co que xogamos o primeiro día cun vídeo de presentación na páxina 13 antes de facer o exercicio. Lede con calma o enunciado e escoitade o audio do exercicio as veces que faga falta. Revisade antes de mandar a ficha
Rematamos a semana visitando unha granxa na páxina 14 .Lede con calma o enunciado e escoitade os audio dos exercicio as veces que faga falta. Revisade ben antes de enviarmos!!!!
Copiade e debuxade o vocabulario novo na libreta. Gravade un vídeo ensinando o e nomeando as palabras novas
Esta semana non imos traballar no caderno online.
TOCA RETO FINAL!!!!!
Cada un de vós ten que elaborar un mural con debuxos ou fotos dos distintos membros da familia. Debaixo de cada un deles tendes que escribir unha presentación (acordádevos que para presentar a alguén dicimos THIS IS MY…..) e cando o teñades rematado, gravar un pequeno vídeo para presentarnos a mín e ao resto dos compañeiros ás vosas familias
Eu xa o fixen . Mirade
THIS IS MY FAMILY.
Seguimos traballando no caderno.
Para este día temos na páxina 9 un vídeo para aprender algúns verbos en inglés. Prohibido ficar sentados nas cadeiras!!!!
Lede con calma o enunciado e escoitade o audio do exercicio as veces que faga falta. Revisade antes de mandar a ficha
Hoxe toca ver unha outra vez a historia do cumpreanos na páxina 10 antes de facer o exercicio. Lede con calma o enunciado e escoitade o audio do exercicio as veces que faga falta. Revisade antes de mandar a ficha
Rematamos a semana cuns exercicios de repaso na páxina 11.Lede con calma os enunciados e escoitade os audios dos exercicios as veces que faga falta. Revisade ben antes de enviarmos!!!!
Estades preparados para o reto semanal? Que tal a clase de ximnasia en inglés? Enviádeme un vídeo movendo o esqueleto!!!
Seguimos traballando no caderno.
Para este día temos na páxina 6 un vídeo sobre unha festa de cumpreanos. Let’s celebrate a birthday party!
Hoxe toca ver unha historia na páxina 7 antes de facer o exercicio. Mirade o vídeo as veces que faga falta.
Rematamos a semana cun sinxelo exercicio na páxina 8. Revisade ben antes de enviarmos!!!!
Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van pautadas para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)
Intentade dedicarlle un tempo axeitado a cada unha delas para que os rapaces asimilen ben o que están a traballar.
Seguimos traballando no caderno.
Para este día temos na páxina 3 do caderno unha clase virtual para aprender a presentar a familia. Xogades comigo?
Hoxe toca cantar. Escoitade atentamente a canción da páxina 4 antes de facer o exercicio. Seredes quen de cantar a canción? Seguro que sí……….
Rematamos a semana cuns sinxelos exercicios na páxina 5. Revisade ben antes de enviarmos!!!!
Iniciamos unha nova semana agardando que todos estedes ben. Lede con atención o plan da semana. As actividades van marcadas segundo os días contemplados no calendario escolar nos que temos clase para facilitar que vos organicedes mellor pero se alguén quere distribuir o traballo doutro xeito non hai problema ningún. Vós sodes os que tendes que adaptar os tempos de traballo ás ciscunstancias da casa (dispoñibilidade de equipo informático, axuda dos vosos pais, outras actividades,…)
Esta semana imos traballar nun caderno que fixen para pode traballar na casa co Classbook e así, poder acceder aos seus recursos. Para este caderno usade as contraseñas que vos din xa para o caderno anterior.
Este martes imos aprender o falar da familia comezando co novo vocabulario. Para aprendelo imos imaxinar que estamos na clase. Para iso tendes un vídeo titorial de presentación do vocabulario na páxina 1 do caderno cos xogos orais que facemos sempre que comezamos unha unidade nova.
ESCOITADE , REPETIDE O VOCABULARIO E XOGADE COMIGO.
QUE TAL VOS FOI? Se xa tendes claro o novo vocabulario, hoxe toca facer a páxina 1 do caderno.
Hoxe xoves toca revisar o vocabulario novo e practicar a lectura. Para iso volvemos a clase con outro vídeo titorial na páxina 2 do caderno. XOGADES COMIGO?
READY?
QUE TAL VOS FOI? Se xa tendes claro como ler o novo vocabulario, hoxe toca facer a páxina 2 do caderno.
Para acabar…O RETO SEMANAL
Debuxade nas vosas libretas unha familia escribindo o novo vocabulario e gravade un pequeno vídeo amosandome o voso debuxo e lendo as palabras que aprendíchedes.
SEGURO QUE VOS SAE XENIAL!!!!
Comezamos unha nova semana con novas propostas que esperamos sexan do voso agrado. Clicade na imaxe de abaixo para acceder á presentación onde poderedes atopar ás actividades . Non vos esquezades de seleccionar no menú o curso do vosos neno ou nena.Ou senon segue a explicación das actividades debaixo.
A primeira porposta de actividade é o conto das Tres Mellizas (The Baby Triplets)para traballar as cores en contexto. Clicade na imaxe de abaixo para acceder ao vídeo.
A segunda proposta son dous xogos online para practicar este vocabulario.Clicade sobre os debuxos para acceder aos xogos. Necesitades habilitar o Adobe Flash Player.
A terceira proposta consister en escoitar, cantar e aprender esta canción The Rainbow Colours.


Queredes unirvos a iniciativa #STAYHOME? Propóñovos realizar un debuxo coma o meu para encher o corcho da clase de inglés cos vosos debuxos o primeiro día que regresemos ao cole. Animádevos!!!!
Como estades rapazada? Como vos foi a semana? Antes de explicarvos que o que tendes que face, un pequeno recordatorio: podesde realizar as actividades que teñades pendentes da semana pasada sen problema.
ESTADES PREPARADOS PARA SUPERAR O RETO?
Pincha na imaxe e accede a presentación. Alí atoparás un vídeo para que vexas como podes superar o reto.
Actividade para practicar o vocabulario da unidade 3. Clicade na imaxe para acceder á actividade. Conta con actividades de comprensión oral (listening), comprensión escrita (reading) e expresión escrita( writing). Se polo motivo que sexa algunha das actividades non fora ben, non vos preocupedes…seguide coa seguinte. Para calquera aclaración ou dúbida, deixade un comentario.
Queredes repasar as rutinas diarias. Non podemos completar os nosos calendarios pero si podemos repasar os números, os días da semana e as cores con este cuaderno. Non tendes que facelo todo de golpe…dosificade as forzas. Garda os cambios para seguir noutro momento.
Para acceder ao recurso, tendes que por o voso usuario e contraseña. Mirade no seguinte cadro: